CRTVG

Buscar

Latexos da cidade

Mercado de Ourense, repartimento na Coruña, rocódromo en Lugo e festa na zona vella de Vigo

13/11/2021 20:00 h

As nosas cidades nunca descansan, sempre están en movemento! Cheas de vida, de historias, de ritmo, de momentos, de xente. Hoxe, en Latexos da cidade imos de feira.

Visitamos Ourense para coñecer como é o mercado que fan arredor da praza de abastos. Aquí venden de todo, ata pezas exclusivas...

Na Coruña tocará facer repartimento, pero en bicicleta. Iremos con estes ciclistas tan especiais levando de todo, ata empanadas.

E en Lugo visitaremos un dos maiores rocódromos de España. Aquí o que se leva é gabear polas paredes, pero ollo, que aquí danlle tanto grandes coma pequenos.

E en Vigo están de festa, e como a nós tamén nos vai ese tema alá fomos. A Asociación Cultural Casco Vello organizaba unha chea de actividades. E se ten que chover, que chova!

Atopar capítulo por: