Latexos da cidade
Leite en Lugo, vacinas en Ourense, cervexa en Vigo e unha xincana pola Coruña
23/10/2021 20:00 h
En Latexos da Cidade hoxe viaxaremos a Lugo para coñecer a Mariluz e a empresa na que traballa: unha das leiteiras máis importantes de Galicia.
Vacináronse contra gripe? Na cidade de Ourense si. Acompañamos a uns enfermeiros nunha xornada de moitas picadas!
A cervexa, a comida, a boa música e Xoel López serán os protagonistas da nosa parada en Vigo!
E na Coruña, un equipo de hockey atreveuse cunha xincana pola cidade. Imos seguilos co fin de atopar un misterioso persoeiro...