CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

A cociña das vilas con encanto

14/01/2020 22:30 h

Hoxe nos imos achegar con Adri ata Becerreá, para asistir a unha feira de gando e mercar un queixo -deses co sabor do auténtico-; E Manolo irá aprender en Sarria como se fai un pan con mais de 140 anos de historia! Mentres, no Club, un larpeiro de Lalín fará as delicias de todos cociñando costela de vaca, guisadiña con calma e chup chup media mañá, para logo darlle o toque final no forno. E como preludio deste prato, Benigno sacará do peto unha das súas receitas mais infalibles, sinxelas e cheas de sabor: unhas berenxenas recheas de migas de bacallau e queixo do país. Cousa magnífica! E como non pode haber comida sen sobremesa, a nosa Merchi dará unha lección de arte e oficio facendo uns flans caseiros cheos de recendos a tradición pero cun aire distinto, co selo inconfundible da nosa Larpeira feliz!

E por se isto fose pouco, virán comer algúns dos membros da Roda... Así que música non vai faltar!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: