CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros festeiros na Festa da Anguía de Valga

28/08/2018 22:00 h

Aproveitando a XXVIII Festa da Anguía, Benigno e Adrián visitan Valga. Nesta ocasión, cociñan, baixo a atenta mirada de amigos e veciños, anguía guisada e anguía fritida.
Adrián non perde ocasión de probar este produto de cantos xeitos poida na súa visita á casa de Nieves e ao Bar o Potel. Ademais, no Parque Hermanos Dios Mosquera hai tempo para cantar e bailar coa Coral Santa Comba de Cordeiro e co grupo de gaitas Airiños de Valga.
Da sobremesa encárgase Pili, unha “Larpeira Diplomada” que sorprende cunhas rosquillas de caña de Valga que lle pon o punto doce a este menú de festa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: