CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Capítulo 103: Cabrito autóctono

18/01/2012 22:15 h

Ante unha nova noite de mesa ilustrada, con conversa, cantigas e humor incluídas, os “Larpeiros” da Galega vannos sorprender outra vez polos camiños da sabedoría culinaria para ofrecernos un cabrito ao xeito deles mesmos, acompañado por unha minestra de verduras, e de aperitivo unhas lambetadas moi tradicionais, torradas de leite.

  Pero, ata chegar á mesa ilustrada, antes hai todo un camiño para percorrer da man do xornalistas aventureiro, Tomás Alonso, que colle rumbo a Val do Dubra para coñecer as cabras da raza galega, onde visitará unha granxa de cabras autónomas para aprender de primeira man como se crían estes animais. Logo, irá cara ao mercado das Travesas, en Vigo, para mercar os ingredientes que precisa o mestre Benigno e levalos á casa rural onde se cociña todo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: