CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros 119. Galletas de pistacho e mariñeiras

11/07/2012 22:15 h

Esta noite, os “Larpeiros” tirarán de manual para facerlle unha homenaxe ás galletas como mandan os libros, e para iso Merchi sorprenderá máis dun cunhas galletas de pistachos que quitan o sentido; e como por haber hai ata galletas mariñeiras, o mestre Benigno, falando de mares e océanos, proporá facer un rubio con ervellas para o xantar.

     Tomás Alonso, o intrépido xornalista de investigación de “Larpeiros”, marchará a Chantada, onde, da man de Xosé Lois, aprenderá todo da elaboración das galletas mariñeiras. Completando a misión, o reporteiro irá ao mercado polo rubio e as verduras que lle encomenda o mestre cociñeiro, para levalo despois ata a casa rural onde se cociña todo, na mesa ilustrada onde hai conversa, humor e cancións.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: