CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros 108. Churrasco co Chef Rivera

21/03/2012 22:15 h

    Para ser protagonistas da velada desta noite, os “Larpeiros” da Galega porán sobre a mesa ilustrada unha proposta que ninguén poderá rexeitar, pois é todo un clásico: o churrasco. Entre conversa, humor e cantigas, o mestre Benigno terá ao seu carón un cociñeiro de luxo, o Chef Rivera, que lles dará un toque distinto aos ingredientes de sempre; por iso a costela con verduras que van preparar promete moitas sorpresas. Amais, coa axuda de dona Lola, farán unhas mazás asadas de sete estalos.

Pero antes de chegar a semellantes manxares, o reporteiro intrépido Tomás Alonso partirá cara á terra das Pontes, á casa de “Gando Castrati”, onde Manolo lle explicará como crían bois felices e onde tamén terá que poñerse a traballar un pouco.

Despois de aprender todo sobre a rica carne de boi, Tomás irá ao mercado para buscar a mellor carne de vacún e entregala na casa rural onde se cociña todo. E aínda haberá máis sorpresas, porque coñeceremos a María, que nos amosará como fai carne...ao barro!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: