CRTVG

Buscar

Land Róber

Land Róber. Capítulo 70. Co músico Robert Ramírez e o mago René Lavand

17/11/2011 22:00 h

A noite de humor á galega co espectáculo de “Land Rober” vai ser do máis variado e ameno, pois Roberto Vilar e o seu equipo de humoristas, Touriñán, Isi e Isabel Risco, van recibir a visita do músico e compositor  Robert Ramírez, autor do éxito musical deste verán, “Sick of love”; o ilusionista internacional René Lavand e unha exhibición de Wushu, unha modalidade de arte marcial que se imporá sobre o estudio.
 
  Durante dúas horas de diversión co máis puro humor e coa participación directa do público, unha das claves do seu éxito, o estudio humorístico repartirá boas doses de entretemento familiar a través dos seus sketchs, parodias, actuacións musicais e entrevistas. Con Roberto Ramírez, compositor de moitos cantantes españois e de sintonías de series, Roberto Vilar vai intentar atopar un gran hit de verán para este Nadal. Co mago René Lavand, un ilusionista arxentino internacional especializado en cartomaxia que perdeu a man dereita, teremos a demostración de que tamén cunha soa man é posible facer maxia, despois de percorrer un difícil camiño como autodidacta.

  No seu monólogo, Roberto Vilar compartirá con nós a desesperación que causa a crise financeira no mundo enteiro, e a comedia de situación titularase esta vez “Secuestro Nespresso”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: