CRTVG

Buscar

Labranza

Labranza (18/09/2011)

18/09/2011 13:48 h

Este domingo no Labranza coñecerémos os gañadores das Catas do Viños e Augardentes de Galicia e amosarémoslles como se está a facer a recuperación das variedades autóctonas de millo para produción ecolóxica.

1) VARIEDADES LOCAIS DE MILLO

Para as ganderías de vacún, integrarse na produción ecolóxica significa ter que acollerse a unhas normas de cultivo e de alimentación dos animais que non permiten a utilización de moitos medios convencionais. Nalgúns casos, suplir estas limitacións supón buscar recursos da agricultura tradicional abandonados polas innovacións tecnolóxicas. Un caso deste tipo é a recuperación das variedades locais no cultivo do millo, máis adaptadas ó medio e menos esixentes en nutrientes cós híbridos.

2)XVIII CATA DOS VIÑOS E AUGARDENTES DE GALICIA

Agora que xa estamos en plena vendima en todas as comarcas galegas, é un bo momento para coñecer cales foron os mellores viños e augardentes da colleita pasada, segundo as Catas de Galicia, organizadas pola Consellería do Medio Rural e os Consellos Reguladores das seis Denominacións de Orixe de viños e augardentes galegas, e que este ano chegaban á súa vixesimo terceira edición. Dous viños plurivarietais, o Señorío de Rubiós Condado do Tea, das Rías Baixas e o Ladairo, da denominación de orixe Monterrei, foro escollidos como mellor branco e mellor tinto de Galicia. Coñecerán a estes e ó resto de gañadores de cada denominación este domingo a partir das dúas menos cuarto na Labranza.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: