CRTVG

Buscar

Luar

King África, Lucrecia, Broken Peach, Marcos Mella e Koji Koji Moheji

14/07/2017 22:00 h

O incombustible King África volve a Luar co ritmo latino e frenético de “El Tembleque”. A cubana Lucrecia interpreta en galego “Unha noite na eira do trigo” e unha canción dedicada á coruñesa “María Pita”, incluída nunha serie de temas musicais cos que a artista homenaxea personaxes históricos.

As actuacións complétanse coas viguesas Broken Peach, banda de soul&rock que fusiona a música e o espectáculo; co xaponés Koji Koji Moheji, acabado de chegar do Festival de Ortigueira onde actuou como finalista do ‘Proxecto Runas’ e con Marcos Mella, cantautor ferrolán que foi compañeiro de viaxe de artistas coñecidos como Los Secretos, La Unión, Cómplices ou Antonio Vega. 

Tamén pasan por Luar a Coral do Carballiño, a agrupación Osorio Gutiérrez de Lourenzá, a orquestra de acordeóns Bieito Blanco, a banda de gaitas O Son do Castro de Borneiro e a Ronda de la Motilleja.

Chega a final de ‘Vai de Baile’, entre Repichoqueiros da Malatesta e Foliadeiros de Lorient amosarán. 

‘Recantos’ elixe segunda finalista entre Verónica Cambón, en representación das terras de Lugo, e Ruth Cundíns, de Compostela.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: