CRTVG

Buscar

Como galegos!

Khalifa, Yosmery e Lucie

04/01/2016 00:35 h

O programa da TVG coñecerá en primeiro lugar a Khalifa, un senegalés moi popular en Ourense, non só por ser unha das figuras clave no Keltia Rugby, senón tamén pola simpatía que reparte na cafetería da biblioteca da Universidade e no pub onde traballa.
Pola súa parte, Yosmery veu a Santiago hai cinco anos para facer un master en docencia que lle interesaba especialmente para mellorar o seu traballo como decana dunha universidade a distancia do seu país, pero namorouse de Galicia e dun galego.
Por último, “Como Galegos!” contará a historia de Lucie, unha checa que traballou por todo o mundo a bordo dun iate e que decidiu ficar na Ribeira Sacra.

Atopar capítulo por: