Como galegos!
Katya / Jane / Robin
Unha das concursantes deste xoves será Katya, unha marroquí de pai alemán que chegou a Ares coa clara intención de quedar para sempre nesa fermosa vila mariñeira. Compaxina o seu traballo nunha coñecida churraría co coidado dun pequeno terreo onde sementa as súas verduras preferidas e coida dos seus animais.
Procedente de Texas, estará hoxe en “Como Galegos!” Jane, unha recoñecida artista plástica e escritora que trouxo o espírito dos anos 70 ata Montoxa, unha pequena aldea de Cedeira. Esta namorada da vida en Galicia compaxina o seu tempo entre ensinar lingua inglesa na Universidade da Coruña, coidar da súa horta e traballar no seu estudio.
Finalmente, o programa atoparase con Robin, un escocés afincado na zona vella de Santiago de Compostela, onde practica as súas dúas paixóns: o ensino da lingua inglesa, cun método innovador, e a música folk. O espazo da Televisión de Galicia acompañará a Robin nalgunhas das súas aulas e tamén nun pequeno concerto co seu grupo, a Carricobanda.