CRTVG

Buscar

Alalá

Justo do Rego

03/11/2009 22:05 h

Alalá visita Pacios, unha pequena parroquia da Fonsagrada. Estas terras recorreunas infinidade de veces o funcionario de correos e o gaiteiro: Justo do Rego. Aquí se criou nunha acomodada familia na que a música era a alegría do lugar. Nesta casa da gaita medrou o neno e fíxose o músico contaxiado daquelas notas que a diario soaban na cociña da súa casa.

Hai uns anos, en Pacios formábanse unhas ruadas incribles, había festa cando pasaban os cegos e cando algúen da familia dos do Rego tocaba. Unha saga de músicos: tocaba o avó, o pai, os fillos, tocou o neto e agora o bisneto. Justo ten oitenta anos e segue a ser un magnífico gaiteiro. É un home entrañable e distinguido. Tocou no famosísimo grupo “Os Gaiteiriños da Puebla”.

Iso si, a Justo a vida fíxollo pasar por momentos moi difíciles – a perda do seu irmán e a do seu fillo- que o obrigaron a pousar a gaita, e chegou a estar trinta anos sen tocar. Sen embargo, a música, como xa dixemos moitas veces, é a mellor terapia e hai que seguir para diante. Justo resume a súa historia musical así: isto é terminar moitas veces e volver a empezar outras tantas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: