CRTVG

Buscar

Alalá

Xosé Fernández 'O Ghaiteiro do Piñeiro'

13/03/2007 22:05 h

Despois dunha complicada operación na que perdeu un anaco de pulmón, a Xosé véuselle o mundo enriba pensando que non volvería a tocar a gaita. Unha semana despóis só un milagre puido explicar como o corazón de Xosé, “O Ghaiteiro de Piñeiro” seguía bombeando notas e repenicados por cada esquina do Morrazo.

Xosé Fernández viviu toda a vida no seu querido barrio do Piñeiro, en Aldán. Alí é o gaiteiro oficial e imprescindible en cada celebración e iso non se consegue en dous días. Leva toda a vida tocando nos entroidos da súa vila con centos de gaiteiros, de aí que fora acumulando na memoria máis de 200 pezas. Con tanta sabedoría ten repertorio para tocar nos entroidos, nas festas parroquiais, nas foliadas, nas procesións... Ata nas inauguracións das rúas!

Unha historia de superación persoal. Un manual sobre a filosofía do ser gaiteiro por riba da vida e da morte, escrito cos contos e a graza de Xosé, “O Ghaiteiro do Piñero”. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: