CRTVG

Buscar

Toc toc, con permiso

José Manuel Parada / Lucía Regueiro

06/01/2014 00:45 h

O programa da Televisión de Galicia “Toc-Toc, con permiso” chama esta semana ás portas do xornalista e presentador televisivo José Manuel Parada e da actriz Lucía Regueiro, copresentadora de “Luar”. Dúas persoas distintas, de distintas xeracións, que compartirán co programa da TVG as súas vidas e os seus espazos máis íntimos.

José Manuel Parada, fillo de ferroviario, regresa a Monforte para percorrer os lugares da súa infancia. Desde moi novo, Parada descubriu que o tren no era o seu mundo para buscar outra vida entre micrófonos e pantallas. En Monforte ensinará o que foi o seu auténtico cine de barrio, onde quedara fascinado con persoas que despois serían protagonistas da súa vida, como Carmen Sevilla ou Rocío Durcal.

Pola súa parte, Lucía Regueiro é unha rapaza nova e un dos rostros máis amables da Televisión de Galicia. Moi popular, presenta xunto a Xosé Ramón Gayoso o programa “Luar”, aínda que a audiencia galega sempre a lembrará como a María Cabanas da serie “Libro de Familia”. Pero detrás das súas personaxes agóchase unha muller chea de vitalidade, apaixonada da música e namorada dunha egua que lle dá a vida.

Atopar capítulo por: