CRTVG

Buscar

Todo queda na casa

Programa 49: José Manuel de Ribadeo / Amelia e Pepe de Cebreiro (O Pino)

25/10/2014 16:30 h

“Todo Queda na Casa” viaxa este sábado a Ribadeo para buscar concursantes. A procura rematará ao atopar a José Manuel, quen, mentres observaba na rúa o equipo do programa, será captado por Isi como primeiro xogador do día. Os espectadores coñecerán o seu luxoso chalé situado a 100 metros do centro de Ribadeo e decorado con moito gusto e elegancia. Esther, que chegará durante a visita co seu irmán e a familia chegada de Suíza, axudará coa súa simpatía á súa parella a acertar as preguntas e gañar cartiños en “Todo Queda na Casa”.

De Ribadeo, o equipo do programa viaxará a Cebreiro, parroquia do Pino, na provincia da Coruña, e non de Pedrafita, en Lugo. Alí, Amelia e Pepe abrirán as portas da súa casa para concursar no programa e pasar unha tarde divertida. A audiencia verá se esta simpática parella de avós consegue quedar cos 1.000 euros do concurso.

Atopar capítulo por: