CRTVG

Buscar

O gato con botas

José Luís Rodríguez Carballo

13/10/2016 23:30 h

Manuel Manquiña visita o concello de Sarreaus, en Ourense, para coñecer a vida dun dos ministros do Vaticano, Monseñor Carballo. Nacido na aldea de Lodoselo hai 63 anos, no seo dunha familia labrega, José Luis Rodríguez Carballo, recibe de moi neno a chamada de Deus. Logo do seu paso pola vida dura e disciplinada do seminario, ingresa na Orde dos Franciscano con só 17 anos. Licenciado en Sagradas Escrituras e Teoloxía Bíblica, ocupou diferentes cargos tanto na Orde Franciscana coma na propia xerarquía eclesiástica do Vaticano. No ano 2013, o Papa Francisco nomeouno Secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica, un ministerio do que dependen uns dous millóns de consagrados no mundo. 

Atopar capítulo por: