Cuestións persoais
José Lino
28/11/2016 23:30 h
José Lino é un veciño de Ordes de 51 anos, que está canso de buscar oportunidades que non chegan. Sen traballo desde hai anos e cunha vida persoal complicada, o protagonista deste episodio precisa de maneira urxente un revulsivo para volver tomar as rendas da súa vida. As coachs Teresa e mais Nelly traballarán moi duro man a man para axudar a José Lino a mudar a actitude, a clave para que a vida lle volva sorrir.