CRTVG

Buscar

Alalá

José de Gregorio

12/01/2009 22:05 h

José de Gregorio nin é galego, nin vive en Galicia. El naceu enriba dunha das liñas negras que aparecen debuxadas nos mapas e a súa aldea corresponde oficialmente ó principado de Asturias. O problema é que José non se sente asturiano, pero tampouco galego, para el ter que responder á pregunta de onde é, é como ter que contestar á pregunta de a quen lle queres máis, a teu pai ou a túa nai?

Na Lagúa a vida transcorre entre dúas forzas: as pensións veñen de asturias, o panadeiro da Fonsagrada, a contribución págase en Ibias e se hai que ir tomar un viño, vaise á Tumbiadoira, en Galicia. Coa música ocorreu o mesmo, por iso José de Gregorio é gaiteiro formado nas festas entre galegos e asturianos que nin toca en aberto, nin en pechado e que tanto canta tonadas asturianas como romances galegos.

José de Gregorio ten 75 anos, sempre vivíu entre galegos e asturianos, así que despois de tanto tempo, non hai fronteira nin administración o suficientemente forte como para impedirlle ser un dos nosos auténticos tesouros musicais.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: