CRTVG

Buscar

Casamos!

Jessica e Camilo

12/09/2018 22:15 h

A historia de Jessica e Camilo, os protagonistas desta noite, podería dicirse que é un amor de taberna. Os dous xa se coñecían de antes, pois ela era a mellor amiga da irmá del, pero ningún reparara no outro. Ata que un furancho uniu as súas vidas para sempre.  O seu foi un amor taberneiro que tivo que facer fronte a algunha que outra dificultade, pois Jessica tiña dúas fillas dunha relación anterior e a irmá de Camilo non estaba moi a favor da relación. Pero o amor todo o pode e agora Jessica e Camilo casan, iso si, farano nunha noite especial e cunha voda con temática cabalar. Neste enlace todo será distinto, ata o traxe dos noivos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: