CRTVG

Buscar

O gato con botas

Javier Olleros

14/02/2018 00:05 h

“O Gato con Botas” viaxa ata O Grove para entrevistar a Javier Olleros, fundador de Culler de Pau, un dos restaurantes de referencia na gastronomía galega. Da man de Manuel Manquiña, Olleros fai un percorrido pola súa infancia, que pasou criado polos seus avós e soñando con ser futbolista.

O programa xira arredor de Ollleros e da súa dona, Amaranta, fundadores dun dos restaurantes imprescindibles en Galicia. Ambos os dous contan os segredos do éxito dunha cociña que mestura a modernidade cos produtos da terra. Coñecemos a horta ecolóxica onde medran as materias primas que se converterán en pratos na Culler de Pau, así coma o mercado local que abastece o restaurante.

 

Atopar capítulo por: