CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Javier, o párroco / "Beealia", os gandeiros / Juan e Mari Je, os produtores de horta

30/03/2014 23:00 h

“Cos Pés na Terra”, un programa onde homes e mulleres, sobradamente preparados, demostran que hai futuro máis alá das cidades e amosan a súa opción inequívoca de quedar no campo, tocará hoxe o ceo. Da man do párroco Javier, o espazo da TVG será testemuña de como os labores do campo poden ser divinos para calquera home e de como Javier, en boa compaña, reparte tranquilidade polas súas parroquias.

O programa visitará tamén a catro novos e flamantes gandeiros e pasará o día rodeado de ovellas e de cabras, animais que manteñen en constante movemento a estes rapaces, que coidan deles coma se de pícaros se tratase.

Ademais, “Cos Pés na Terra” coñecerán a tenda dos produtores de horta Juan e Mari Je. Con eles, a audiencia comprobará que o mellor dos “supermercados” se atopa ao mesmo pé das leiras.

Atopar capítulo por: