CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Jaione Camborda / “Cortázar Galicia” / “Josman (#dMudanza)” / Obradoiro sobre “Sempre Xonxa”

29/01/2015 21:00 h

        O programa  ofrece unha entrevista a Jaione Camborda, guionista da película “Os Fenómenos”, coa que Alfonso Zarauza reflicte unha sociedade en caída libre a través da crise do ladrillo. Cun elenco de excepción, encabezado por Lola Dueñas e Luís Tosar, o filme presenta a loita pola supervivencia en tempos difíciles.

        Tamén se achega ao documental “Cortázar Galicia”, de Juan de la Colina, que forma parte da homenaxe que lle brindou o Museo de Pontevedra ao escritor polo centenario do seu nacemento. As cartas e outros textos sobre as viaxes que Julio Cortázar realizou a Galicia son a base dun filme que percorre os lugares que visitou a través dun xogo de interpretación libre e poético entre pasado e presente.

        “Josman (#dMudanza)” é outro documental, dirixido por Iago González, que retrata o final da traxectoria dun dos videoclubs máis grandes de España, que chegou a ter máis de 17.000 clientes.

        Ademais, Zigzag amosa o que deu de si o obradoiro para nenos e nenas celebrado hai un mes, que, coincidindo co 25 aniversario de “Sempre Xonxa”, a xa mítica película de Chano Piñeiro e pioneira do cine galego, ofreceulles aos participantes a posibilidade de modelar en plastilina os seus personaxes para crear unha película coa técnica stop motion.

Atopar capítulo por: