CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Irixoa, Chaioso e Labacengos

21/02/2018 23:30 h

Irixoa, transición entre as comarcas costeiras das Mariñas e a comarca de Ferrol, onde os oficios tradicionais son os protagonistas. Así, os espectadores coñecerán o taller de forxa de Antonio ou os segredos do encaixe de bolillos con David.

Chaioso ten a sona de ser o lugar máis divertido de España, así coma o máis terrorífico. Para demostralo o programa percorrerá o “camiño do pánico” creado polos seus veciños. Ademais, os habitantes de Chaioso tamén ensinarán doces e xogos tradicionais.


En Labacengos, berce da tradición hípica, están moi orgullosos dos seus cabalos, polo que se mostrará como é o seu adestramento con Darío e Adrián. A tradición vai máis alá do mundo equino, polo que o programa tamén falará con Argentino, creador de cestos e coñecerá a “Pedra de Toelo”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: