CRTVG

Buscar

Luar

Inventos galegos, con Luz Casal, King África e Sabela

17/04/2015 22:00 h

O programa “Luar” contará hoxe coa presenza no escenario da cantante galega Luz, unha das solistas máis valoradas da música deste país, que interpretará temas do seu último disco, “Almas gemelas”, onde se presenta capaz de asimilar sons novos e intimistas sen relegar o rock máis esencial.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro tamén recibirá este venres a visita do artista arxentino King África, un asiduo da canción do verán, que interpretará temas tan coñecidos como “Paquito el chocolatero” e “El camaleón”, da cantante galega de música lixeira Sabela, da orquestra Charlestón Big Band, das Pandeireteiras de Seixedos e da Agrupación Folclórica Vai de Roda.

Por outro lado, os espectadores de “Luar” coñecerán a capacidade creativa dos galegos, xa que o programa amosará inventos ben curiosos que foron concibidos na nosa terra, como un dron para transportar órganos para trasplantes, un campá extractora silenciosa, unha falda-paraugas, un carro de bebé que frea cando vai costa abaixo, un herbicida de eucalipto e un suxeitador para dormir que evita que se formen engurras no escote, entre outros.

Polo demais, no programa desta semana tampouco faltarán á súa cita os concursos “Vai de Gaita” infantil e “Recantos”. No primeiro, producirase un novo enfrontamento entre o equipo verde e o equipo laranxa; mentres que no segundo demostrarán o seu bo facer no escenario Sara Iglesias, representante da comarca Terras de Pontevedra, e María Fernández, de Terras de Lugo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: