CRTVG

Buscar

Galegos

Inmaculada Paz Andrade

24/05/2014 20:30 h

A científica Inmaculada Paz Andrade fala do que lle é propio e do que nos é común a todos.

 Paz Andrade estudou Química por decisión familiar, non por vocación. Despois comezou a gustarlle e chegou a ser unha referencia europea no estudo da calorimetría, unha ciencia que estuda as variacións ínfimas de temperatura e os efectos que producen estes cambios. Isto ten múltiples aplicacións prácticas, desde a industria conserveira ata a separación dos diferentes derivados do petróleo.

 A protagonista do “Galegos” afirma que o saber científico non é aplicado como debera polos gobernos, non admite que ao coñecemento se lle poidan poñer barreiras e recoméndalles aos futuros investigadores que saian fóra e que vexan outras formas de traballar.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: