CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 170: 'Inimigos reais, amigos imaxinarios'

04/10/2020 22:30 h

En Serramoura a felicidade sempre se paga, e iso é que lle pasou a familia Neira despois de que Marga aceptase o posto que lle ofrecían en Madrid. E é que a desaparición de Monchiño colleu a toda a vila por sorpresa.

Sen tempo que perder, o cuartel de Serramoura puxo en marcha un operativo de busca en toda a vila sen que houbese novidades, polo que Tomás non dubida en encargar a Roi que investigue pola súa conta e que atopará nos debuxos do neno unha pista fundamental para establecer unha teoría.

A pesar de que os efectivos da Garda Civil están facendo todo o posible, os veciños de Serramoura non tardan en organizar a súa propia busca. Moncho, moi afectado pola desaparición de Monchiño, informará a Evaristo de cada movemento do cuartel para coller ao sospeitoso o antes posible.

Atopar capítulo por: