Imos navegando
Imos navegando 6, con Silvia Fominaya
07/05/2022 20:00 h
Neste episodio de Imos Navegando, Rubén Prieto sube ao Eureka para facer a viaxe entre Portosín e O Grove cunha madrileña afincada en Galicia, a actriz, modelo e presentadora Silvia Fominaya.
Con ela percorrerá as rías de augas máis cristalinas de Galicia, falará da súa traxectoria, mais tamén de algún mal trago que lle tocou pasar, e rematarán a xornada aventurándose a facer kayak nun lugar que ben podería estar no Caribe.