CRTVG

Buscar

Imos de feira

Programa 22: Padrón

18/09/2021 18:50 h

Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata a provincia de A Coruña para pasar o día na vila de Padrón. Este municipio da comarca do Sar, coñecido polos seus pementos (uns pican e outros non), acolle todos os domingos unha gran feira. Coma cada semana, durante a nosa visita a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día.

Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Padrón para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!

Atopar capítulo por: