CRTVG

Buscar

Imos de feira

Programa 4: Redondela

01/02/2020 19:15 h

Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata a pontevedresa vila de Redondela, situada na ensenada de San Simón. Esta é unha vila moi festeira, na que se celebran cada ano decenas de festividades: que se a festa da Coca, a do Choco, o festival de Títeres, o festival Millo Verde... o caso é ter motivos para saír da casa e desfrutar da vila. Por iso tamén, os días 6 e 21 de cada mes, se celebra unha gran feira.

Durante a nosa visita, coma sempre, a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Redondela para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros!

 

Atopar capítulo por: