CRTVG

Buscar

Luar

Ialma, Christian Escuredo e Carmen Flores

24/03/2017 22:00 h

As pandeireteiras do grupo belga Ialma presentan o seu último álbum, “Camiño. De Bruxelas a Santiago”, un traballo moi esperado no mundo do folk despois de cinco anos de parón. Fillas de emigrantes galegos en Bélxica, volven cun disco que inclúe temas tradicionais e outros de feitura contemporánea, con letras de autor. 

O programa recibe un artista ao que viu nacer, o ourensán Christian Escuredo, gañador da segunda edición de “Cantareira de cantareiros”, que agora está a triunfar no musical “Priscilla, Reina del desierto”.  O cantante e actor do Barco de Valdeorras interpreta a canción “Like a prayer”, de Madonna. Un tema na liña dos que serven de banda sonora do espectáculo musical que protagoniza. Ademais, actúa a cantante de copla e flamenco, Carmen Flores,  quen conserva o espírito dunha das sagas familiares máis coñecidas no mundo da música. 

A Agrupación Folclórica Santa Columba de Ribadelouro, o grupo ferrolán de música tradicional Encrucillada, a Banda de Música de Calo e a Orquestra Charleston Big Band amenizan o programa, ademais do grupo de música portuguesa Chocalheiros do Alentejo e o artista circense Víctor Rubilar.

Na fase final de "Recantos”, exhiben as súas voces, Aneu, representante de Ourense Sur, e Issiris, de Galicia Centro. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: