CRTVG

Buscar

Especial

É hora de festa 9: Romaría de Santiaguiño do Monte

27/07/2022 23:40 h

Esta fin de semana tivo lugar no Concello de Padrón a romaría de Santiaguiño do Monte, que se celebra o día 25 de xullo. A tarde anterior, e enmarcada dentro do programa desta festividade, tivo lugar a tradicional carreira de burros, á que asistiron milleiros de persoas.

Xa no día principal, a festa comezou cunha procesión do Santo ao monte coñecido como O Parrandeiro, e na que houbo que subir unhas escaleiras con máis de 120 chanzos. Unha vez arriba, os romeiros viviron unha xornada de festa con música e unha gran comida popular de balde para todos os asistentes que quixeron gozar un ano máis desta popular festa.

Atopar capítulo por: