Especial
É hora de festa 14: LXX Festa do Albariño de Cambados
10/08/2022 23:45 h
O municipio pontevedrés de Cambados festexou esta fin de semana a LXX Festa do Albariño. Unha celebración declarada de Interese Turístico Nacional á que asistiron milleiros de veciños e turistas para probar os viños e gozar de todo tipo de actos culturais e folclóricos.
Ademáis, durante a xornada, realizouse o acto de nomeamento das ‘Damas e Cabaleiros de Honra’ do Albariño deste ano e o programa do domingo 7 de agosto, o último día da festa, incluíu o concerto da banda de música de Castrelo na praza de Fefiñáns e a actuación do grupo M5 que puxo o broche final a esta festa.