Especial
É hora de festa 11: LIII Festa do Carneiro ao Espeto 2022 de Moraña
03/08/2022 23:15 h
O Concello de Moraña celebrou o pasado domingo o día grande da súa LIII edición da Festa do Carneiro ao Espeto, declarada de Interese Turístico de Galicia. Ademais do tradicional banquete na carballeira de Santa Lucía, o programa incluíu as actuacións do grupo Milladoiro e a orquestra París de Noia. Numerosas actividades lúdico-culturais fixeron as delicias de nenos e maiores.