CRTVG

Buscar

Historias mínimas

Historias mínimas. Especial 1

20/08/2018 20:00 h

“Historias Mínimas” volve partir da premisa de que todo o mundo ten unha historia e ofrécelles o seu set na rúa a persoas sen proxección pública pero cun relato vital importante que contarlles aos espectadores da Televisión de Galicia.
As persoas teñen ollos, boca, orellas e nariz e -con razón- hai quen podería pensar que, por iso, todos os humanos son iguais, e polo tanto comparten anhelos, soños e desexos. Pero hai algo que podería marcar unha diferenza, e son as vivencias. Incluso ao escoitar as dos demais, aparentemente tan distintas ás propias, chégase a sentir proximidade. De ser así, coñecelas faríalles ás persoas sentirse máis fortes e menos solitarias, sabedoras de que detrás delas, igual ca en cada cara, igual ca en cada estrela, agóchase unha grande historia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: