CRTVG

Buscar

Historias mínimas

Historias mínimas. Capítulo 2

23/07/2018 19:45 h

Coñecemos a historia dun home que goza de sentir o vento no seu rostro mentres conduce un coche que di que lle salvou a vida. Tamén escoitamos un rapaz que aprendeu a tratar con cabalos tras unha mala experiencia e unha rapaza que conta que naceu a 130 quilómetros por hora. Outras das historias refírense a un home que quedou marcado tras coñecer un neno que estreaba zapatos novos, e a outro que tivo que aprender a falar sen palabras. Un ovni que emerxeu desde o fondo do mar, unha trasnada que se converteu no punto de partida dunha carreira criminal e a narración de alguén que foi quen de voar, son outros dos relatos dun programa en que comprobamos que incluso os reloxos estragados marcan a hora correcta nalgún momento do día.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: