CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Hai xente boa

12/12/2015 15:30 h

Nun mundo onde manda o estrés diario, onde o traballo, as obrigas familiares e os compromisos da vida social deixan pouco tempo para un mesmo, aínda hai persoas que atopan un oco para poñer a súa vontade, o seu traballo ou o seu coñecemento ao servizo dos que máis o precisan.
Eles son os voluntarios, aos que hoxe está dedicado o programa da TVG “Vivir Aquí”, que amosará as historias persoais de xente boa e solidaria, que sempre ten tempo para dedicárllelo aos demais.
Unha enfermeira que está continuamente implicada en proxectos de colaboración, un grupo de pequenas grandes bailarinas que participan nun festival solidario a beneficio da ONG Tierra de Hombres, dedicada á atención á infancia, un voluntario de Cruz Vermella e outro da Asociación Stop de Vigo, que se encarga de que ningún neno quede sen xoguetes no Nadal, son algúns dos protagonistas do programa desta semana.

Atopar capítulo por: