CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Guillermo Carbajo / Magín Blanco e Gatuxo / “Who will save me today”

07/11/2014 21:00 h

 Nunha nova achega á actualidade das artes escénicas en Galicia, o programa “ZigZag Diario” conta coa presenza do actor Guillermo Carbajo, integrante do elenco de “Amor flexible”, a última proposta de Redrum Teatro. Esta comedia de enredo, dirixida por Álex Sampayo, afonda nas relacións de parella a través dos sete pecados capitais.

 Tamén coñecemos o novo traballo do cantautor Magín Blanco. Despois do éxito conseguido con “A nena e o grilo nun barquiño”, o artista ourensán volve á canción infantil con “Gatuxo”, un libro de ilustracións e cancións alegres orientadas aos máis pequenos. Neste espectáculo fusiónanse as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo.

 Ademais, “ZigZag Diario” fala da peza de danza contemporánea coa que Janet Novás abrirá esta fin de semana a novena edición do Festival Catropezas no Teatro Ensalle de Vigo. “Who will save me today”, que triunfou xa en “Madrid en Danza”, nace do encontro consigo mesma e da aceptación das súas experiencias e crenzas como ser humano.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: