Heicho Cantar Queridiña
Grandes orquestras galegas
23/02/2013
Unha edición especial dedicada ás grandes orquestras galegas, con Lucía Pérez e Sergio Zearreta como mestres de cerimonias, que intentan descubrir se somos máis das orquestras clásicas ou das modernas.
No mesmo escenario actuan xuntas a orquestra Panorama e a París de Noia, que están acompañadas por outras formacións como Paladium, La Oca, Aché, Bámbola, Sintonía de Vigo, Los Satélites, Gran Parada, Poceiro, etc.