CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Capítulo 8. Pepín e Belesar

15/02/2012 18:00 h

Aqueles pequenos lugares que agochan tesouros de cada día, porque todos viven felices afastados do mundo urbano e non o cambiarían por nada, están hoxe á nosa disposición e convertidos en “Grandes lugares” grazas á súa xente, costumes, iniciativas e usos sociais, como nos casos de dúas poboacións galegas que teñen moito que contar, Pepín, no concello de Castrelo do Val (Ourense), e Belesar, na provincia de Lugo, dividido polo río Miño, entre os concellos do Saviñao e Chantada.

   A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, Pepín preséntase como un lugar pequeno pero grande en diversións, xa que entre os seus 67 habitantes a penas hai parellas e pódese dicir que é unha aldea de solteiros e solteiras. En Belesar, un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra que vive a cabalo entre as tradicións e a industria do mañá, personaxes como Alexis ofrécennos toda unha lección sobre a vida e a capacidade de volver comezar despois dunha gran traxedia persoal.

   Un mapa de situación indicará ao inicio de cada programa os territorios elixidos e os seus habitantes como narradores, dispostos a ofrecer un retrato diferente do mundo rural, afastados das imaxes tópicas do envellecemento, cunha mensaxe optimista e vital dos que viven felices na súa contorna.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: