CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Capítulo 5. Froxán e Silvarredonda

22/02/2012 23:15 h

 Para dar a coñecer pequenos lugares de Galicia que son “Grandes lugares” porque agochan tesouros de cada día, grazas á súa xente, costumes, iniciativas e usos sociais, o programa intérnase hoxe por dúas poboacións galegas con moito para contar, como son Froxán (Lugo), moi preto do Courel, onde a xente non foxe á cidade, e Silvarredonda (A Coruña), onde están orgullosos de vivir “nun bendito atraso”.

    A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, en Froxán o programa presta atención ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais, como o caso do restaurador que volve da cidade para seguir o ritmo da natureza; o matrimonio cun fillo na busca dun novo destino na casa rural ou o artesán que realiza os seus soños de artista nunha casa que foi sequeiro.

   Os protagonistas do pequeno lugar de Silvarredonda relatan as súas vivencias e vida social máis representativa, desde espazos que transmiten un sentimento de pertenza, de familia e de benestar no rural, desde os favores do santo da chuvia; o sentido do deber ben feito dunha labrega orgullosa; a raíña das empanadas e a fin de semana en que os rapaces regresan á casa para axudar os maiores.

   Un mapa de situación indicará ao inicio de cada programa os lugares elixidos, reforzando coa súa imaxe, e cada personaxe levará unha ficha de presentación explicando a súa relación coa contorna; así, os habitantes do lugar convértense en narradores para facer un retrato o máis fiel posible de cada localidade, da súa vida e da súa xente.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: