CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Capítulo 7. Augas Santas e Murias

29/02/2012 22:45 h

 Para dar a coñecer pequenos lugares de Galicia que son “Grandes lugares” porque agochan tesouros de cada día, grazas á súa xente, costumes, iniciativas e usos sociais, o programa intérnase hoxe por dúas poboacións galegas con moito para contar, como son Augas Santas (Ourense) e Murias (Lugo).  A seis quilómetros do concello de Allariz, o programa presta atención ao modo de vida de Augas Santas, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás lendas de máis sona, como os milagres das fontes de Santa Mariña e a santiña da Pedra; xunto outras devocións, como a artesanía, a forxa de Francisco, a casa rural, a música e as festas como un xeito de reunirse.

   Os protagonistas do pequeno lugar de Murias de Rao, Navia (Lugo) relatan as súas vivencias e vida social máis representativa, aos pés dos Ancares, desde espazos que transmiten un sentimento de pertenza, de familia e de benestar no rural, co granxeiro na busca de moza; o amo da Braña na montaña co gando e a aventura do retornado que se reencontra por fin coas súas orixes.

   Un mapa de situación indicará ao inicio de cada programa os lugares elixidos e cada personaxe levará unha ficha de presentación explicando a súa relación coa contorna; así, os habitantes do lugar convértense en narradores para facer un retrato o máis fiel posible de cada localidade, da súa vida e da súa xente.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: