CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Capítulo 2. Quilmas e Abeleda

25/01/2012 23:00 h

Para coñecer pequenas historias de cada día que agochan poboacións galegas con moito que contar, grazas á súa xente, costumes, iniciativas e usos sociais, hoxe entramos en dous novos “Grandes Lugares”, para descubrir a súa vida afectiva e social: Quilmas e Abeleda, dous lugares ben distintos pero igual de grandes en canto á xente optimista e festeira.

   Partindo dun mapa de situación que nos indicará onde está o lugar elixido, Quilmas como porto e vila da costa coruñesa e Abeleda en Ourense en pleno corazón da Ribeira Sacra, os seus habitantes converteranse en narradores e levarán unha ficha de presentación explicando a súa relación co medio para facer un retrato o máis fiel posible de cada localidade, da súa vida e da súa xente; así, contarannos por que estes lugares os fan tan especiais, as súas vivencias, ás súas iniciativas orixinais, os aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén as historias máis persoais.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: