CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Capítulo 15. Cristosende

24/04/2012 23:00 h


Aqueles pequenos lugares que agochan tesouros de cada día, porque todos viven felices neles e non os cambiarían por ningures, estarán hoxe representados por Cristosende (A  Teixeira – Ourense), vila emprendedora que se adapta aos tempos modernos, onde amais de galegos tamén se instalan ingleses e cataláns.

   Os habitantes de Cristosende convértense en narradores por un día de como é posible facer os soños realidade, como o caso da inglesa Débora “Lady Cristosende”, que traballa na horta e sente este lugar e os seus veciños como da súa familia; a tecedeira “fashion” que se namorou do tecido galego e dá clases no tear, casada cun cesteiro, namorado da cor canela da Ribeira Sacra; a familia que medra unida, xuntando bebés e avoas, e o retornado que prefire a vida tranquila pero de moito traballo que desenvolve na vide: “Temos moito que facer, pero realmente se vive devagar”. 

  Nestes pequenos lugares é onde podemos apreciar como é a xente, as tradicións, iniciativas e usos sociais que realizan en comunidade, a través de historias que transmiten un sentimento común de pertenza, de familia, de benestar no rural e de orgullo da terra. Un mapa de situación indica os territorios escollidos e os seus habitantes como narradores, dispostos a ofrecer un retrato diferente do mundo rural, afastados das imaxes tópicas do envellecemento, cunha mensaxe optimista e vital dos que viven felices na súa contorna.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: