CRTVG

Buscar

Heicho Cantar Queridiña

Cápitulo 13. Grandes artistas

09/02/2013

Grandes artistas de agora e de sempre e moito humor son os ingredientes principais que Lucía Pérez e Sergio Zearreta cociñan cada sábado no programa “Heicho Cantar Queridiña”, dedicado hoxe aos grandes artistas que deixaron pouso no corazón musical dos galegos a través da pantalla da TVG.

 Polo estudio de gravación do programa pasarán esta noite artistas de máis traxectoria como Xoel López ou Sés e outros que aínda están comezando o camiño, como Natalia Rodríguez ou Carlos Ares. No apartado de caras coñecidas estará Xacobe Pérez Paz cantando “O Rei”.

 Pola súa parte, Carlos Jiménez, o home das mil caras, transformarase hoxe en Demis Roussos, mentres que a potente voz de Maret interpretará unha revisión do “Quen poidera namorala”, que os espectadores terán ocasión de contrastar co orixinal de Luís Emilio Batallán. Ademais, “Heicho Cantar Queridiña” contará cos malabares de Pablo Reboleiro.

Atopar capítulo por: