CRTVG

Buscar

Casamos!

Gosia e Adrián

28/03/2013

Gosia e Adrián coñecéronse hai oito anos en Edimburgo e desde entón viven unha historia de amor e de aventuras viaxando polo mundo.

 Aínda que non sempre é fácil entender o seu estilo de vida. Os seus pais e avós non comparten esta filosofía, sobre todo o tema de deixar un traballo para marchar polo mundo adiante cos tempos que corren. Pero tarde ou cedo chega o momento de asumir responsabilidades e pensar no futuro. Por iso veñen a Moaña co obxectivo de asentarse e formar unha famila.

 Mais para Gosia abandonar a súa querida Polonia non é prato de bo gusto e o proceso de adaptación está a ser máis duro do que pensaba. Adrián é consciente do sacrificio que a súa muller está a facer por el e por iso está disposto a conseguir que o seu enlace en Galicia sexa tan sorprendente como inesquecible.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: