Xente marabillosa
Gordofobia: Con Lucía Veiga
14/05/2023 22:50 h
'Xente Marabillosa' chega este domingo cun quinto programa dedicado a un dos problemas máis normalizados e crueis da actualidade: a gordofobia.
Para denunciar este tipo de discriminación e visibilizar esta eiva, estrearase unha cámara oculta onde unha rapaza con sobrepeso é humillada e insultada polas súas supostas amigas cando intenta comprar o vestido que lle gusta para acompañalas a unha festa.
Haberá algún galego ou galega marabilloso que poña freo ás faltas de respecto destas rapazas e saia en defensa da nosa protagonista?