CRTVG

Buscar

Escoba!

Capítulo 58: Gooooool!

07/04/2013

Luís está moi nervioso ante o derbi entre o Celta e o Deportivo e pídelle permiso ás mozas para poñelo no local. Elas non teñen problema, pero semella que non lles interesa demasiado, ata que comezan a falar do partido, claro, porque aí as cousas cambian. Amparo e Antonia van co Celta e, pola contra, Marina e Sofía van co Deportivo, pero a quen apoiará don Ricardo?

 Pola súa parte, Milagros amósase apática na discusión e desganada de todo, a pesar de que vén vela a súa sobriña, interpretada por Areta Bolado. Non hai forma de que a muller reaccione e é que non quere máis ca morrer.

 Por se fose pouco, Carlota chega ao local social co seu novo mozo, interpretado por Xosé Barato, un apaixonado da poesía. A pesar de ter moza, Luís séntese un pouco ameazado e intentará competir en todo con Gustavo Adolfo.

Atopar capítulo por: