CRTVG

Buscar

Como galegos!

Giussepe Meca, Antonina e Erick Feles

16/01/2014 23:45 h

 "Como Galegos!" arranca rumbo a Baiona para coñecer a colección de coches antigos do primeiro aspirante a "guirigalego": Giussepe Meca. Aínda que naceu en Italia, xa leva vividos máis anos aquí ca na súa terra. Agora está xubilado e ten unha gran familia galega que o axudará a superar as distintas probas que lle poña o programa.

 Outra muller que leva moitos anos vivindo en Galicia, neste caso na Mariña lucense, é Antonina. Ela foi unha das primeiras caboverdianas en chegar a Galicia e unha das creadoras do grupo Batuko Tabanka. Da súa man, os espectadores coñecerán Cangas de Foz a ritmo africano.

 Se o batuko é o instrumento nacional de Cabo Verde, o noso é a gaita. Para saber como soa nas mans dun venezolano, o programa coñece a Erick Feles, un artista moi novo que vive en Vigo por mor da súa paixón por este instrumento.

 Carlos Tresandí, o "carteiro" de "Como Galegos!", fai das súas nas rúas galegas e, coma sempre, os tres concursantes teñenn que enfrontarse ao karaoke máis divertido da Televisión de Galicia.

Atopar capítulo por: