CRTVG

Buscar

Como galegos!

Gerardo, Javier e Ana

26/03/2016 11:30 h

O primeiro protagonista será un uruguaio que pode solucionar calquera avaría as 24 horas. Gerardo -ou “Home a Tope”, como se chama a súa empresa- comezou a promoverse e a ter éxito grazas aos titoriais de Internet, onde ensina como facer pequenas chapuzas caseiras.
Se os espectadores da TVG teñen hoxe ganas de bailar, este é o seu programa, xa que “Como Galegos!” coñecerá os integrantes de “La ricura, rumba pa ti!”, como din no seu grito de batalla. Javier é un trompetista cubano que chegou a Galicia cun contrato de catro meses cunha orquestra, pero que foi enlazando contratos e xa leva aquí 13 anos. 
A última parada do programa será en Vilagarcía de Arousa, onde vive unha arxentina filla dun ourensán. Ana é de familia de pasteleiro e di que “o galego que se arxentinizou non cambia os doces arxentinos”. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: